O presente da limpeza en altura

Solucións de limpieza con dron

Eficiencia, seguridade, e tecnoloxía ó servizo dos seus activos

Superando as limitacions tradicionais

Loxística pesada

Uso de grúas, andamios, plataformas elevadoras, etc.

Riscos laborais

O mantemento tradicional implica perigo para os operarios e responsabilidade para a propiedade

Ineficiencia

Procesos lentos con altos custos operativos e tempos de execución longos (aprox. 100 m2/hora)

...É un paxaro? ...É un avión? É o dron de Aure 25 limpándovos a uralita do ghalpón!!

¿Por qué elixir AURE 25?

Tecnoloxía dron: Precisión e rapidez

Transformación: Transformamos o mantemento con sistemas aéreos non tripulados (UAS).

Acceso inmediato: Chegamos a zonas difíciles sen necesidade de infraestructura pesada.

Tecnoloxía: Limpeza técnica con auga osmotizada a presión controlada.

Sen pegada: O dron non toca a superficie, evitando danos físicos á estructura.

Compromiso coa seguridade e a legalidade

Operadores rexistrados e pilotos certificados.

Seguros de responsabilidade civil especializados.

Estudos de seguridade (SORA 2.5) e xestión de permisos de vóo.

Cumprimento estrito da normativa de PRL (Prevención de Riscos Laborais).

Unha solución ecolóxica e sostible

Aforro hídrico: Reducción de auga entre un 60% e un 85% respecto a métodos manuais.

Cero emisións: Drons eléctricos vs grúas diésel.
Residuo cero. Uso de auga osmotizada, reduce a necesidade de químicos.

Silencioso: Menor impacto acústico na contorna urbana